Quen queira casar ao final do Camiño de Santiago, na catedral dunha Cidade Santa, conta cun escenario moi especial para a súa voda: a capela de Corticela. Este antigo oratorio do s. IX é anterior á existencia da actual catedral. Modificado e anexado en épocas posteriores, seguiu sendo unha parroquia independente, concretamente ‘parroquia de peregrinos e estranxeiros’.
As parellas de todo o mundo interesadas en celebrar alí a súa voda deberán poñerse en contacto, varios meses antes, co párroco da Corticela para ser informados sobre os requisitos e a documentación.
Máis información: Arquidiocese de Santiago de Compostela
Praza da Inmaculada, s/n.
15704 – Santiago de Compostela
Teléfono: 981 572 300