Santiago, os bos amores ao final do Camiño

Din que as máis grandes historias de amor son sempre cuestión de vontade. Con esa mesma vontade, dende hai máis de mil anos, millóns de persoas chegan a Santiago de Compostela nun momento crucial das súas vidas, seguindo un camiño milenario capaz de cambiar a quen se aventura por el.
 
Ao chegar á meta, ademais do patrimonio, a paisaxe, a cultura e a cociña, na cidade agarda un segredo ben gardado: a receita dos bos amores. E queremos compartila coas parellas que buscan, inician, celebran, consolidan ou reviven a súa relación nun escenario único.

Precisaremos ...

A foto perfecta

Unha cidade ideal nacida dun milagre, con centos de rúas, monumentos e recantos inspiradores, nos que a beleza contaxia e emociona.

Banner 2

Unha Catedral á que peregrina toda a Humanidade, igrexas con historiapazos e salóns para todo tipo de cerimonias.

Banner 3

Hoteis históricos, de deseño, con encanto, gastronómicos, rurais, familiares, para aloxarse e celebrar.

Banner 4

Unha mesa sempre servida cos mellores produtos do mar e da horta galega en máis de mil establecementos para todos os gustos.

Banner 5

O verde eterno dos parques, os miradoiros de pedra, os ríos, as árbores centenarias...

Banner 6

Un modo de vida sinxelo e riquiño, para gozar dunha cidade pequena, segura, humana e acolledora, fácil de entender e percorrer a todas horas.

Banner 7

Unha oferta incesante de eventos culturais, festas tradicionais, visitas, arte, benestar, vida nocturna, natureza, aventura, relax e moito que probar e mercar.

Banner 8

Un entorno rural e patrimonial paradisíaco: praias atlánticas, cidades romanas, mosteiros perdidos, ríos rumorosos, aldeas de pedra... para escapadas e excursións dun día.

Banner 9

Mil anos de hospitalidade e amor polas cousas ben feitas, para ofrecer facilidades e experiencias inesquecibles nos días máis importantes das vosas vidas.

BOS AMORES

Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de Maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.
E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes que chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen.

                                                                                
Rosalía de Castro, “Follas Novas”

todos os dereitos reservados. SantiagoTurismo.com
aviso legal e termos de uso I política de cookies e privacidade