O Concello de Santiago de Compostela ofrece a posibilidade de celebrar matrimonios civís no Pazo de Raxoi, un impoñente edificio neoclásico da Praza do Obradoiro. O seu Salón Nobre, cuxos balcóns miran á Catedral de Santiago, reviste de solemnidade o acontecemento.