Solpores

Toda a fachada occidental da cidade histórica ilumínase en dourado durante a atardecida. Hai quen di que o nome “Obradoiro” podería proceder, precisamente, da “obra de ouro” que parece a Catedral. Podemos mirar a cidade no seu baño de luz dende o parque da Alameda, ou máis arriba, dende o Monte Pedroso.
 
Tamén se ven fermosos solpores dende a terraza do Hostal dos Reis Católicos, no Obradoiro; dende a cafetaría do Auditorio de Galicia, xunto ao seu lago; dende o parque de Belvís e Bonaval ou o Monte da Almáciga, para ver as siluetas dos monumentos en contraluz…

En verán, os concertos ao aire libre da Cidade da Cultura de Galicia permiten gozar da música e da luz.

Parque de Bonaval
Parque de Bonaval
Praza do Obradoiro
Praza do Obradoiro
Cidade da Cultura
Cidade da Cultura
Torre de Santo Agostiño
Torre de Santo Agostiño
Campiño de San Francisco
Campiño de San Francisco
Mirador de Belvís
Mirador de Belvís
Rúa de San Pedro
Rúa de San Pedro
Cubertas da Catedral
Cubertas da Catedral
Monte do Gozo
Monte do Gozo
Arco de Xelmírez
Arco de Xelmírez
Rúas
Rúas
todos os dereitos reservados. SantiagoTurismo.com
aviso legal e termos de uso I política de cookies e privacidade