Polo centro histórico, o Ensanche ou os grandes centros comerciais, podedes embarcarvos en estupendas xornadas de compras. Atoparedes moda galega de grandes deseñadores, prata e acibeche, cerámica, encaixe, artesanía e moitísimos produtos gourmet no Mercado de Abastos e nos ultramarinos. Aquí tedes moi boas ideas para levar a casa.