Din que nada une máis que mirar á vez na mesma dirección. Non só podedes contemplar marabillosas vistas dende parques próximos como a Alameda, Belvís ou Bonaval… Tamén hai que aproveitar que Santiago se estende entre outeiros e aventurarvos máis arriba, ao monte Gaiás, coa Cidade da Cultura e o seu bosque de Galicia; ao monte de Deus; ao monte Pío e por suposto ao Pedroso, seguindo o Vía Crucis de cruceiros ata a Granxa do Xesto ou máis aló.
Sabiades que en Santiago temos un “Eucalipto dos Namorados”? Con máis de 100 anos de antigüidade, esta árbore de 40 metros de altura acubilla ás parellas que desexan sentar á súa beira para mirar a cidade histórica, os tellados, a Catedral…